Presentación da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro

Presentación da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro

Este xoves está prevista a presentación da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro nun acto no que estarán presentes Luciano Calvo Pumpido, da Fundación Luís Calvo Sanz; Jacobo Sutil Nesta, Director da Axencia Galega das Industrias (Agadic) da Xunta de Galicia; Goretti Sanmartin, Vicepresidenta da Deputación da Coruña e Deputada de Normalización Lingüística e Cultura; Alberto Sueiro Pastoriza, Presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte; e Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo.

O acto contará coa participación da Aula de Teatro Municipal de Concello de Carballo. Tamén se espera a presencia de concelleiros do Concello de Carballo, socios da Asociación Cultural Telón e Aparte, voluntarios do FIOT e entidades socioculturais de Carballo.