Premio do público “Outono de Teatro 2016”

Premio do público “Outono de Teatro 2016”

Trátase dunha das iniciativas máis antigas do FIOT coa que se pretende implicar os espectadores para colaborar coa programación puntuando cada espectáculo. O premio concédese á compañía que recibe a mellor puntuación dos espectadores. A elixida será invitada a participar na edición do próximo ano cun novo espectáculo.

Na pasada edición o gañador foi o espectáculo El testamento de María, protagonizado por Blanca Portillo, cunha puntuación de 4,65 puntos (sobre 5).

Deixa unha resposta