Creadores sen límites, con gañas de buscar alternativas, de atopar novos sentidos ás artes escénicas, de emprender outros camiños, formular preguntas e de resituar o espectador. Linguaxes e formas de expresións propias, híbridas, transversais, contemporáneas.

Espectadores que exploran e cuestionan,  que interpretan e constrúen o discurso, a emoción; activos. Dentro do OTNI atoparemos novas formas de vivir a escena, para creadores e para espectadores.

Garantímosche unha experiencia radical, única.

otni