OBRADOIRO DO ESPECTADOR: SALVADOR, TEATRO, EMIGRACIÓN E MEMORIA FAMILIAR

OBRADOIRO DO ESPECTADOR: SALVADOR, TEATRO, EMIGRACIÓN E MEMORIA FAMILIAR

Borja Fernández, o autor de Salvador, ensinaranos as tripas do proceso de elaboración e documentación do espectáculo que forma parte do OTNI e as bases de creación dun subxénero moi actual, o teatro documento, no que a dramaturxia se crea a partir de testemuñas ou historias reais.

Neste caso, empregou a biografía persoal e familiar, valéndose principalmente de fotografías.


Data: Martes 16 de outubro
Hora: 19.00 h
Lugar: Pazo da Cultura 

Asistencia libre