OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL E CREACIÓN DE NOVOS CONTOS

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL E CREACIÓN DE NOVOS CONTOS

Gustaríache crear as túas historias ou expresarte mellor? Con esta actividade podes desenvolver a imaxinación e a creatividade e construír unha narración de maneira espontánea, aprendendo as técnicas básicas de improvisación teatral. Cos membros do grupo Themomento Impro aprenderás a importancia da cooperación cos demais e de saber escoller as ideas que están no aire para a creación de novas historias.
Destinatarios: adultos e mozos a partir dos 13 anos
Inscrición: Do 11 ao 29 de setembro, na Biblioteca (981 758 580) ou no enderezo biblioteca@carballo.gal
Prazas: limitadas
Lugar: Biblioteca Rego da Balsa de Carballo
Data: sábado, 30 de setembro
Horario: de 10 a 13.00 h
Organiza: Concello de Carballo.
Esta actividade forma parte do programa Ler Moito para a dinamización da lectura en bibliotecas públicas