“O Tolleito de Inishmaan” acada 11 nominacións aos Premios María Casares 2017

“O Tolleito de Inishmaan” acada 11 nominacións aos Premios María Casares 2017

A obra “O Tolleito de Inishmaan“, coproducida polo FIOT, acadou 11 nominacións aos Premios María Casares 2017.

En concreto, obtivo nominacións ás categorías de Mellor Actor Protagonista, Mellor Actor Secundario, Mellor Actriz Secundaria, Mellor Actriz Secundaria, Mellor Escenografía, Mellor Iluminación, Mellor Vestiario, Mellor Maquillaxe, Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Espectáculo.

“O Tolleito de Inishmaan”, baseada na orixinal de Martin McDonagh, adaptada e dirixida por Cándido Pazó, é un espectáculo emotivo e divertido con oito grandes actores e actrices que xa se convertiu nun dos grandes éxitos da temporada.