O sector das artes escénicas de Galicia reúnese no FIOT para buscar sinerxías

O sector das artes escénicas de Galicia reúnese no FIOT para buscar sinerxías

Carballo acolleu hoxe, baixo iniciativa do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), unha mesa de traballo inédita entre programadores e organizadores de festivais e compañías do sector para analizar posibilidades de colaboración e procura de sinerxías.

A reunión tivo lugar entre as 16 e 18 h deste xoves no Pazo da Cultura e nela abordaron a realización de residencias para que as compañías preparen os seus espectáculos, a participación en coproducións e en estreas, entre outros asuntos. Ademais, intercambiaron opinións sobre as súas experiencias, posibilidades de colaboración e asnovas vías para axudar á facer visibles os traballos de compañías emerxentes e xa consolidadas.

Neste caso, o FIOT ten accións moi concretas para facer visible a actividade das compañías, como é o caso do “Café con”, a Escola do Espectador e o Xograr de Outono. Tamén apoia a creación coas residencias de artistas, coproducións e o Certame do Microteatro que se puxo en marcha durante a actual edición.

Posta en común e Asemblea Xeral de Escena Galega
Neste primeira análise tiveron en conta as características de cada festival co obxectivo de adaptarse mellor ás súas necesidades. Sobre todo, a reunión foi un intercambio e posta en común de opcións para os axentes que forman parte das artes escénicas da comunidade.

O encontro contou coa participación de numerosas compañías teatrais galegas, que pola mañá (entre as 11.30 e 13.30 h) xa se reuniran no mesmo lugar con motivo da Asemblea Xeral de Escena Galega, a asociación de referencia das artes escénicas de Galicia, e que agrupa a 34 entidades, a maioría das que existen na nosa comunidade. A Asemblea celebrouse en Carballo no marco da XXVI edición do festival.

>> Sigue todas as novidades do festival en FacebookTwitter e Instagram.