Xa se poden mercar entradas da 27ª edición do FIOT

Xa se poden mercar entradas da 27ª edición do FIOT

Esta semana abriuse a venda de bonos para asistir ás actuacións na sala do XXVII Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, que desenvolverase entre o 28 de setembro e o 31 de outubro. Os primeiros que poden reservar praza (ata o vindeiro luns día 24) son os membros da Asociación Cultural Telón e Aparte.

A partir do vindeiro martes día 25 de setembro a venda de bonos estará dispoñible para o público en xeral. No caso das entradas soltas para a programación de sala, OTNI e Mercado, poderán adquirirse por internet desde o día 25 deste mes ata a xornada previa á da función, tamén poderán mercarse de forma presencial na billeteira do Pazo da Cultura nos 90 minutos previos ao inicio da representación.

As entradas para os espectáculos interpretados en locais de hostalería poderánse mercar nos propios establecementos a partir do vindeiro venres día 21 de setembro.

A venda de entradas estará dispoñible en internet a través da plataforma ticketea así como na web oficial do festival, fiot.gal, e na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/festivaFIOT.

Tamén poderán adquirise entardas de forma anticipada no teléfono: 902 044 226.

A XXVIII do FIOT inclúe 41 espectáculos, dos que 12 son estreas en Galicia e 3 son estreas absolutas.

O festival acollerá compañías das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Valencia, e tamén compañías de Arxentina, Guinea Ecuatorial e Suiza.

Este ano o festival ten tres eixos: a igualdade, o ocio e a incorpación dos xóvenes ao mundo do teatro.