O FIOT presenta “Fillos do sol”,  a nova obra de Cándido Pazó

O FIOT presenta “Fillos do sol”,  a nova obra de Cándido Pazó

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) presentará mañá en rolda de prensa “Fillos do sol”, a nova obra teatral de Cándido Pazó, un dos directores referentes das artes escénicas galegas do momento e triunfador dos últimos Premios María Casares co espectáculo “O tolleito de Inishmaan”.
A presentación desta obra, que foi coproducida polo festival, será mañá 25 de outubro ás 11.00 h no Pazo da Cultura de Carballo. No acto participará o presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o director e autor do espectáculo, Cándido Pazó; a xefa de produción, Belén Pichel (da compañía Contraproducións) e parte do equipo técnico.

>> Sigue todas as novidades tamén no FacebookTwitter e Instagram