O FIOT pecha a súa XXVI edición coa estrea de “Fillos do sol”, a nova obra de Cándido Pazó

O FIOT pecha a súa XXVI edición coa estrea de “Fillos do sol”, a nova obra de Cándido Pazó

A XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) chega o seu final, pero contará co broche de ouro que supón a estrea absoluta de “Fillos do sola nova obra teatral dirixida por Cándido Pazó, un dos directores referentes das artes escénicas galegas do momento.

O próximo venres 27 de outubro, ás 21 h, terá lugar o primeiro pase para abonados e invitados e o sábado 28 ás 20.30 h a obra inaugurarase para o público en xeral. A peza foi impulsada activamente e coproducida polo FIOT, que repite colaboración coa compañía Contraproducións e con Cándido Pazó despois do éxito recollido por “O tolleiro de Inishmaan”, estreada na pasada edición e que foi a gran triunfadora dos últimos Premios María Casares, con cinco galardóns.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, “Fillos do sol” retrata a un Eduardo Pondal, o bardo galego e referentes das letras galegas, obsesionado co seu poema épico Os Eoas e comesto pola neurose dos seus últimos anos

Con esta coprodución, que conta co apoio da Fundación Eduardo Pondal, o festival e Contraproducións pretenden realizar a súa contribución artística a unha conmemoración relevante para a comarca de Bergantiños e para toda Galicia, como é o 100 aniversario do falecemento do popular escritor, autor do himno galego. Ademais, entre os actores que interpretan a obra está a actriz carballesa Alba Bermúdez.

Xograresa de Outono e microteatro
O venres 27, ás 21 h, xusto antes do primeiro pase de “Fillos do sol”, a actriz Mónica Camaño será recollecida como Xograresa de Outono 2017 pola súa intensa e diversa traxectoria e compromiso activo co sector cultural, cuxa carreira transcorre entre o teatro, o cine e a televisión.

Pola súa parte, Iria Sobrado será a encargada de pechar a primeira edición doCertame de Microteatro Metro Cadrado (M²) co seu espectáculo Brinde. Trátase dun interesante experimento no que a artista entra en “comuñón” cun espectador en cada quenda e durante dez minutos.

Os interesados en participar teñen unha cita na Taberna de O Mexillón o sábado 28de 11 a 14 h e de 18 a 21 h. Dada a limitación de aforo, recoméndase reservar previamente comunicando a hora na que se asistirá, así como o nome e contacto do participante no enderezo electrónico fiot.microteatroentrada@gmail.com.

Ese mesmo día, ás 13 h, na cafetaría Valle Inclán, Camilo Franco volve levar a crítica ao escenario coa Escola do Espectador, na que a asistencia é libre, aínda que sea recomenda previa inscrición no enderezo electrónico fiot.carballo@gmail.com.

Máis información sobre a venda de entradas aquí. Recórdase que para mercar entradas os xoves pola tarde tamén está aberta a billeteira do Pazo de 19.00 a 20.30 h.