O FIOT organiza unha viaxe inesquecible ao 40 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

O FIOT organiza unha viaxe inesquecible ao 40 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

Se queres vivir unha experiencia inesquecible, tes a oportunidade de sumarte á viaxe organizada polo FIOT ao “40 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro”. O prazo de inscrición remata o 21 de abril (máis información e inscricións no teléfono 981704300 e no email asociaciontelon@gmail.com)

Baixo o lema ‘Respira Festival’, o Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro xa presentou a súa 40 edición, que este ano homenaxea ao público e aos actores que participaron ao longo da historia do Festival. O evento terá lugar do 6 ao 30 de xullo.

Durante os 25 días do Festival, celebraranse 102 representaciones (25 de elas estreas e 8 coproducións) da man de 50 compañías participantes: 36 españolas de 9 comunidades autónomas (Madrid, Cataluña, Andalucía, Castela A Mancha, Castela-León, Aragón, Estremadura, Comunidade Valenciana e País Vasco), e catorce propostas internacionais chegadas de 13 países: México, Reino Unido, Rumanía, Portugal, Brasil, Francia, Israel, Grecia, Arxentina, Canadá, Colombia, Holanda e Alemaña, que este ano é o País Invitado de Honra.

A programación completarase con 24 eventos gratuítos, 2 exposicións, 1 exposición a través de intervencións singulares e 10 eventos especiais que se celebrarán en 19 espazos da cidade de Almagro; aos que este ano se suman, ademais, o Pradillo de San Blas e o Pradillo de Santo Domingo. Nesta 40 edición, José Sacristán recibirá o 6 de xullo o décimo sétimo Premio Corral de Comedias en recoñecemento a súa calidade humana e actoral, a súa adicación e vocación