O FIOT ofrece este ano 41 espectáculos teatrais con 12 estreas galegas e 3 absolutas

O FIOT ofrece este ano 41 espectáculos teatrais con 12 estreas galegas e 3 absolutas

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo presentaron este xoves o programa oficial e a imaxe da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se desenvolverá entre o 28 de setembro e o 31 de outubro.

O programa inclúe 41 espectáculos, dos que 12 son estreas en Galicia e 3 son estreas absolutas.

O festival acollerá compañías das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Valencia, e tamén compañías estranxeiras, de Arxentina, Guinea Ecuatorial e Suiza.

Este ano o festival xira entorno a tres eixos principais: a igualdade, o ocio e a incorpación dos xóvenes ao mundo do teatro.

Nesta edición os organizadores teñen posta a mirada en atraer aos xóvenes que naceron co cambio de século e que agora están a acadar a maioría de idade. Con isa finalidade programaronse espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados “millennials” ou xeneración Z.

O FIOT tamén acollerá o teatro que están a facer as novas xeracións de actores, dramaturgos e directores. Segundo subliña a organización: «Nós facemos público, é o noso compromiso; confiamos en que as novas xeneracións se vexan representadas e que o FIOT non lles resulte alleo. Que sexan os nosos “followers”.
TEATRO DE SALA NO AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA

Na estrea da programación de sala, o 7 de outubro, representarase a obra “Future Lovers” do grupo madrileño La Tristura, compañía considerada como unha das máis interesantes do teatro contemporáneo español.

A seguinte cita de sala será o día 11 de outuro con “Crimen y Telón”, dos madrileños Ron Lalá, peza e homenaxe ao teatro universal; a compañía recibiu no ano 2016 o Premio do Público do FIOT coa obra “Cervantina”.

A terceira representación será “Playoff” por La Joven Compañía, un traballo escénico que foi recoñocido co Premio El Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España.

O 13 de outubro chegará a Carballo a obra “Fedra” de Pentación Espectáculos, que ven avaliada polas boas críticas e que ten no seu papel protagonista a Lolita Flores, que case que con toda seguridade será a partipante máis popular no festival carballés.

Dentro da programación de sala tamén representarase a obra “PSS PSS” da suiza Compagnia Baccalá; “Iphigenia en Vallecas”, de Serana Producciones; “Commedia”, de Contraproduccións; “El Tratamiento”, de La Abucción e Buxman Producciones; “Un enemigo del pueblo”, de El Pavón Teatro Kamikaze; y “La Valentía”, da compañía Lazona.

No programa da XXVII edición do FIOT contase con moitos dos imprescindibles da escena actual galega e do resto de España, ofertas que achegan novas perspectivas, que arriscan e que son orixinais nas suas creacions.

Carballo será o escenario de obras de Paco Becerra, Luís Luque, Celso Giménez, Borja Fernández, Marta Buchaca, Tito Asorey, Alfredo Sanzol…
A estrea do certame a protagonizará La Trócola Circ, de Valencia, con su “Emportats”, que forma parte das ofertas programadas dentro das actividades do Teatro na Rúa. Entre as ofertas galegas compre subliñar a presenza do director Tito Asorey, un dos directores máis destacadops da comunidade e que poñerá en escea a obra “Somos criminais”, interpretada por Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.

 

IX OTNI

O OTNI é o espazo de representación alternativo do FIOT, o máis vivo e creativo porque a súa razón é a innovación. Este ano no OTNI os espectadores poderán ver “La tristeza de los ogros”, “Salvador” e “Wasted”.
XX RÚA DOS CONTOS

Nesta edición ás rúas terán aires internacionais coa presenza de compañías de Guinea e Arxentina. Tamén estarán algúns dos clásicos e os chamados emerxentes. Haberá estreas e algunha existosa reposisción.

Os espectadores poderán disfrutar con Avelino González, Marcos Pereiro, Peter Punk, Manoliño Nguema, Víctor Grande, Lupe Blanco e Bieito Lobariñas, Lois Pérez, Cándido Pazó, Las Antonias, Chanson Mormón, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran.

O fin de festa da Rúa dos Contos será repsonsabilidade de Monoulious Dop, unha das formacións musicais máis alternativas do rock actual.
TEATRO NAS RÚAS

Un ano máis o teatro estará presente en toda a cidade, tamén nas rúas e prazas de Carballo con espectáculos para todos os públicos. Inaugurará os valencianos de La Trócola Circ coa obra “Emportats”, e haberán representacións das compañías Cair Circo, Maintomano e Antón Coucheiro.
II CERTAME DE MICROTEATRO METRO CADRADO

O FIOT acolle por segundo ano o certame Metro Cadrado. Unha nova forma de disfrutar do teatro sen barreiras, con intensidade, pois o público pode mirar aos ollos ás persoas que dan vida a ficción.

Este ano o certamen dará comenzó o sábado 13 de outubre coas obras “Mi bici” e “Pan”, de M+1 (Teatro Circo Danza) e Helena Salgueiro, dúas estreas absolutas.
Tamén haberá actuacions de Faunos, Diego M. Buceta, Tukumpás Teatro e Moito Morro Teatro.

 

EN PARALELO

A 27ª edición do FIOT completase con FIOTIÑO, programación especial para nenos e nenas con “Noite branca no teatro” e máis o XVIII Concurso Escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís.

Tamén haberá unha programación especial para os adolescentes, que é unha das novidades desde ano. As poetas Lucía Aldao e María Lado representarán o seu espectáculo “Movidas de Poesía” nos institutos de Carballo. Unha representación que mestura poesía, música e humor.

Compre destacar tamén os espazos para exposicións e gastronomía, e máis o obradorio e a escola do espectador, onde celebraranse encontros entre espectadores e membros de grupos teatrais.

_______________
As entradas se poden mercar vía internet a través da plataforma www.ticketea.com, na web oficial do festival www.fiot.gal e na súa páxina de Facebook. Tamén poderán adquirirse de forma anticipada no teléfono 902 044 226 e na billeteira do Pazo da Cultura o día da función.