O FIOT ESTREA PROGRAMA PARA ATRAER AOS MILLENNIALS

O FIOT ESTREA PROGRAMA PARA ATRAER AOS MILLENNIALS

As actividades e ofertas do Festival Internacional  Outono de Teatro (FIOT) de Carballo seguen crecendo e evolucionando. Nesta 27ª edición o FIOT marcouse como obxectivo conectar cos xóvenes e atraer á chamada xeración  Millennial.

O  FIOT abre unha nova canle, o FIOTeen, cun programa que incluirá propostas escénicas  especialmente dirixidas aos xóvenes.

FIOTeen comezará mañá mércores día 3 de outubro, ás 11.30 h.  no  audiotrio do Pazo da Cultura e contará cos alumnos de primeiro de bacharelato do IES Isidro Parga Pondal.

O xoves 4 ás 10.00 h. será o turno dos alumnos do IES Monte Neme, e ás 12.00 h., o dos xóvenes do IES Alfredo Brañas.

Os  xóvenes carballeses participarán nesta experiencia teatral da man da compañía Aldaolado e o seu espectáculo “Movidas da poesía”. A compañía ofrecerá unha obra dirixida a adolescentes na que se mesturan poesía, música en directo e, por suposto, humor. Lucía Aldao e María Lado mostrarán a través dun xogo as peripecias que hai que superar para chegaren a poetas. “Toda a rapazada descubrirá que pode dedicarse á poeía e que ten unha capacidade innata para o galego.”