O FIOT entregará o Premio do Público á Compañía Manolo Alcántara

O FIOT entregará o Premio do Público á Compañía Manolo Alcántara

A Compañía Manolo Alcántara, que este venres 30 de setembro inaugurará o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) co seu espectáculo “Rudo” (21.00 h) no Mercado Municipal, recibirá o Premio do Público de 2011. Esta entrega farase efectiva agora debido á falta de dispoñibilidade da Compañía para achegarse ata Carballo nos últimos anos.

A entrega do galardón realizarase unha vez concluido o espectáculo, sobre as 22.00 h aproximadamente.