O FIOT de Carballo presenta a súa imaxe  para a edición de 2016

O FIOT de Carballo presenta a súa imaxe para a edición de 2016

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do FIOT, presentan este sábado 10 de setembro ás 11.00 horas na sala de televisión do Pazo da Cultura de Carballo (planta baixa) a imaxe da 25ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Entre outros temas, tamén se falará sobre a nova plataforma de venda online de entradas e sobre as condicións para a compra dos bonos.

Presidirán o evento Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. O acto tamén contará coa presencia dunha das personas protagonistas do cartel deste ano e que é un rostro coñecido da televisión española.