O FIOT de Carballo acolle a estrea en Galicia de “Fedra”, protagonizada por Lolita Flores

O FIOT de Carballo acolle a estrea en Galicia de “Fedra”, protagonizada por Lolita Flores

O vindeiro día 13 de outubro (sábado), ás oito e media da tarde estrearase en Galicia a nova produción de “Fedra”, versión que se representou por primeira vez no festival de teatro clásico de Mérida e que na actualidade trunfa no escenario de La Latina, en Madrid.

Lolita Flores encarna a protagonista desta obra clásica de Eurípides.

Fedra é un volcán de emocións, paixóns, sentimentos e pulsións. Un volcán que entra en erupción para configurar unha das traxedias gregas máis sabrosas e que máis creadores adaptaron dende que Eurípides, alá polo 430 a. C., levásea ao papel.

A 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo ten programada no Pazo da Cultura a “Fedra” interpretada por Lolita Flores na adaptación dun dos dramaturgos máis notables do panorama teatral actual: Paco Bezerra. O seu texto, que exuda intensidade e poesía, púxoo en pé Luís Luque, habitual compañeiro de aventuras escénicas de Bezerra, cunha protagonista que concentra todas as miradas sempre que sobe a un escenario: Lolita González Flores; xunto a ela: Juan Fernández,  Críspulo Cabezas, Eneko  Sagardoy e Tina  Sáinz.

Fedra emerxe en escena atafegada polo tormento, coa súa espesa cabeleira cubrindoe o seu rostro, nunha fermosa imaxe creada por Luque. A culpa lle corroe e lle atenaza, pero pouco a pouco crece nela o orgullo e a firmeza que lle levan a desafiar as normas e reivindicar a lexitimidade dos seus desexos, pero tropeza coa negativa de Hipólito e a necesidade de salvarse da ira de Teseo, o seu marido, o que lévalle a acusar ao seu fillastro de quererlle violar. A traxedia está servida.

O FIOT de Carballo ofrece esta suxestiva posta en escena de “Fedra”, unha muller de ardente corazón interpretada pola popular artista multidisciplinar Lolita Flores, que encabeza un reparto que ten demostrada alta calidade interpretativa.

ENTRADA: 15 EUROS

DURACIÓN: 90 MINUTOS

RECOMENDADO A PARTIR DE 14 ANOS

Siga as novidades do FIOT en Facebook, Twitter e Instagram.