O 8 de setembro remata a inscrición de voluntarios para o FIOT 2017

O 8 de setembro remata a inscrición de voluntarios para o FIOT 2017

Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo mantén aberto o prazo de inscrición de persoas participantes como voluntarios na súa XXVI edición, que se pechará o próximo venres 8 de setembro.

Mañá mércores, 6 de setembro, está convocada unha reunión para todo os interesados, tanto das edicións pasadas como para todos aqueles que queiran asistir este ano por primeira vez. O encontro terá lugar no Pazo da Cultura a partir das 19.30 h.

Coordinado polo equipo do festival, o programa de voluntariado foi creado hai sete anos para permitir á cidadanía formar parte da organización deste evento de gran transcendencia cultural.

único requisito para ser voluntario é ter unha idade mínima de 18 anos. Cada participante debe cubrir unha ficha indicando a súa dispoñibilidade horaria e de datas, así como as súas preferencias.

As tarefas céntranse na atención ao público, tanto na recepción como en sala e no conxunto de actividades do festival (Ciclo OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, etc.). Tamén poden prestar apoio puntual na billeteira e na recepción de compañías teatrais e os seus compoñentes.

Dado que o festival arrancará o 16 de setembro, e para unha mellor planificación, aconséllase que a inscrición se realice coa maior antelación posible, contactando co servizo de Cultura a través do teléfono 981 704 300 ou a través dos email administracion@fiot.gal e fiot.carballo@gmail.com. Os interesados tamén poderán inscribirse de forma presencial nas oficinas do Pazo da Cultura (Rúa do Pan s/n, Carballo).

>> Máis información no FacebookTwitter e Instagram.