“O Tolleito de Inishmaan” acada 11 nominacións aos Premios María Casares 2017

A obra "O Tolleito de Inishmaan", coproducida polo FIOT, acadou 11 nominacións aos Premios María Casares 2017.

O FIOT acolle a estrea absoluta de “O Tolleito de Inishmaan” de Contraproducións

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo acollerá este venres 14 de outubro a estrea absoluta de “O Tolleito de Inishmaan”, obra de Martin McDonaugh adaptada e dirixida por Cándido Pazó.

“Iván Off” de La Casa de la Portera dá o salto ao gran escenario no FIOT de Carballo

La Casa de la Portera presentou este mércores no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo o salto ao gran escenario de “Iván Off”, a súa aclamada adaptación do Ivanov de Antón Chejov, que o próximo 7 de outubro se representará por primeira vez neste novo formato.

O FIOT entregará o Premio do Público á Compañía Manolo Alcántara

A Compañía Manolo Alcántara, que este venres 30 de setembro inaugurará o FIOT co seu espectáculo "Rudo", recibirá o Premio do Público de 2011.

Kulunka Teatro inicia unha programación de sala do FIOT con numerosas estreas

As funcións de sala están composta por dez obras, das cales catro son estreas e unha preestrea.

A Rúa dos Contos chega á maioría de idade con 8 noites de espectáculos e 4 estreas

Durante tres fins de semana (do venres 30 de setembro ao sábado 15 de outubro), 10 locais de hostalaría de Carballo encheranse de narracións, monólogos, teatro, maxia, música, títeres, teatro xestual, tradición oral, cabaré e moito humor, dado que esta edición está centrada na comedia.

Yllana sobre o FIOT 2016: “É unha selección do mellor do panorama das artes escénicas”

A compañía madrileña considera que o programa desta edición é “moi esixente”, destacando o festival como un dos mellores dentro e fóra de España.

A compañía Yllana presenta a súa obra ‘Yllana 25’, coa que se abre este venres o FIOT 2016

A modo de aperitivo do FIOT a compañía madrileña levará ao Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo o espectáculo co que celebra os seus 25 anos de historia.

Arranca o Fiotiño coa “Noite branca no teatro”

A versión en pequeno do FIOT de Carballo, o Fiotiño, arrancará esta fin de semana coa cuarta edición da “Noite en branco no teatro”, unha das actividades máis exitosas entre os rapaces amantes do teatro.

Xa está aquí o programa do Fiotiño

Os máis novos tamén teñen o seu espazo no 25 aniversario do FIOT, concretamente no Fiotiño, que achega as artes escénicas aos “peques” da casa. Aquí podes descargar o programa do Fiotiño.

O FIOT abre a súa 25ª edición con 34 espectáculos coa comedia como protagonista

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo presentou hoxe a súa 25ª edición, na que se inclúe un total de 34 espectáculos, entre os que hai catro estreas absolutas e oito estreas en Galicia na programación de sala, no OTNI e na Rúa dos Contos. Para celebrar as súas vodas de prata, o […]

Queres ser voluntari@ do Fiot? Apuntate!

Se che gusta a escena, se queres achegarte ao teatro desde dentro, se che apetece colaborar cun dos eventos culturais máis importantes de Carballo, se queres facer novas amizades con outros voluntarios… Esperámoste! Contacto: 981 704 300  

O FIOT de Carballo estreará a súa 25ª edición nun ambiente festivo e cheo de humor

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), presentaron este sábado no Pazo da Cultura de Carballo a imaxe da súa 25ª edición, na que se transmite o ambiente festivo e cheo de humor co que se quere celebrar esta importante traxectoria. O presidente […]

O FIOT de Carballo presenta a súa imaxe para a edición de 2016

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do FIOT, presentan este sábado 10 de setembro ás 11.00 horas na sala de televisión do Pazo da Cultura de Carballo (planta baixa) a imaxe da 25ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Entre outros temas, tamén se falará sobre a […]

O FIOT outorgará o Xograr de Outono 2016 ao actor Miguel de Lira

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) outorgará na XXV edición o Xograr de Outono 2016 a Miguel de Lira. O actor Miguel García Martínez, que toma o seu nome artístico do seu lugar de nacemento, Lira, no municipio de Carnota, conta cunha longa e recoñecida traxectoria na escena galega e no mundo audiovisual. A […]

Vídeo do 25 aniversario do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo

Xa podedes disfrutar do novo vídeo que fixemos para conmemorar o 25 aniversario do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT Carballo).

Xa podes participar na celebración do 25 aniversario do FIOT

Seguimos a preparar o 25 aniversario do FIOT e nesta ocasión gostaríamos moito de contar coa túa participación. ¿Cómo podes formar parte desta iniciativa? Descúbreo a continuación:

Xa estamos preparando a 25 edición

O equipo organizador do FIOT xa estamos preparando a 25 edición. Se queres celebralo con nós como patrocinador, xa podes descargar o noso dossier e formar parte da edición máis relevante da nosa historia.  

Os colexios Artai e Fogar gañan o primeiro premio do XV Concurso de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” do FIOT

Recibiron o primeiro galardón nas súas respectivas categorías coa interpretación das obras “A bolboreta e a tartaruga” e “O galo Quicorico”, respectivamente. Os gañadores recibiron premios patrocinados pola Libraría Brañas, valorados en 850 euros, e Sogama repartiu material entre todos os participantes. O acto foi presentado pola compañía galega O Circo Chosco, que amenizou a […]

O FIOT de Carballo celebra este domingo a final do XV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”

Os seis grupos de escolares finalistas volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais este domingo ás 18.00h no auditorio do Pazo da Cultura. Os finalistas foron seleccionados entre as gravacións de 23 grupos formados por 155 nenos e nenas de colexios de Carballo, Coristanco, Laxe e asociacións culturais de Carballo. Tras a deliberación do xurado, […]