O FIOT abre por primeira vez un ciclo de microteatro coa estrea absoluta de “In Memoriam”

O Certame de Microteatro Metro Cadrado (M²) supón unha nova experiencia para o público na que participan compañías emerxentes.

O FIOT inicia a programación de sala coa importante estrea de “La zanja”, a nova obra de Titzina Teatro

A compañía catalá é incondicional do festival, onde tamén estreara “Distancia siete minutos”, un fenómeno con máis de 300 funcións e 100.000 espectadores.

Actores, directores e personalidades televisivas, protagonistas da campaña de redes do FIOT

Fran Perea, Roberto Vilar, María Tasende, David Amor ou Pablo Messiez atópanse entre os participantes desta iniciativa nas redes sociais.

O FIOT arranca esta fin de semana a súa XXVI edición con tres estreas en Galicia

A emerxente compañía Cirk About It será a encargada de inaugurar o festival o venres 22 de setembro cun espectáculo na Praza do Concello.

Noite branca

Como en cada edición, os máis pequenos terán unha oportunidade de coñecer os segredos do teatro. PODES INSCRIBIRTE AQUÍ!

Galeatro, a primeira compañía profesional de Carballo, adianta a programación do XXVI FIOT

A montaxe “Muiñada” é unha das tres coproducións nas que este ano participa o Festival como parte do seu apoio constante á creación escénica. Alba Bermúdez, fundadora da compañía e actriz moi vinculada ao Festival, é unha das protagonistas desta obra dirixida ao público familiar. A organización do FIOT leva 7 anos apoiando a creación […]

O 8 de setembro remata a inscrición de voluntarios para o FIOT 2017

Os interesados deben ter unha idade mínima de 18 anos e poderán prestar servizos de atención ao público na XXVI edición do festival.

O FIOT presenta unha edición de maior apoio á creación e na que aparecen novos espazos

O FIOT desenvolverá entre o 22 de setembro e o 28 de outubro, e conta cun pequeno anticipo para os máis cativos o 16 de setembro coa estrea absoluta de Muiñada de Galeatro.

Aberta a inscrición de voluntarios para o FIOT 2017

Os interesados deben ter unha idade mínima de 18 anos e poderán prestar servizos de atención ao público na XXVI edición do festival.

Aberta a convocatoria para o Obradoiro Interxeneracional da compañía El Pont Flotant

A compañía El Pont Flotant abre a convocatoria para un Obradoiro Interxeneracional para que aqueles que o desexen podan participar na súa próxima montaxe teatral.

Seis obras foron seleccionadas para o Certame de Microteatro Metro Cadrado dentro do FIOT 2017

A Asociación Cultural Telón e Aparte fixo públicas a seis obras seleccionadas na primeira edición do Certame de Microteatro Metro Cadrado para a súa representación entre o 23 de setembro e o 28 de outubro, no marco do FIOT. O xurado decidiu, por unanimidade, seleccionar para as seguintes propostas dramatúrxicas: – MULLERES AO BORDE DUN ATAQUE DE PELOS […]

Apúntate e participa nunha obra que poderá verse no FIOT deste ano!

A compañía El Pont Flotant abre a convocatoria para un Obradoiro Interxeneracional para que aqueles que o desexen podan participar na súa próxima montaxe teatral. Os participantes formarán parte do seu espectáculo ‘El hijo que quiero tener’, que poderá verse na XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo o sábado 23 de […]

O FIOT outorgará o Xograr de Outono 2017 á actriz Mónica Camaño

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) outorgará na XXVI edición o Xograr de Outono 2017 a Mónica Camaño. A entrega do galardón terá lugar ao longo da XXVI edición do festival no mes de outubro. A elección do galardonado foi adoptada na reunión anual de Xoglares do Outono de Teatro que se celebrou o […]

CERTAME DE MICROTEATRO METRO CADRADO

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT convoca o Certame de Microteatro M². Con esta convocatoria preténdese apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadores emerxentes ofrecendo un contexto privilexiado para a presentación e estrea de espectáculos, así como captar novos públicos e implicar aos espectadores e á cidadanía en proxectos escénicos. O Certame […]

O FIOT organiza unha viaxe inesquecible ao 40 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

O prazo de inscrición para sumarse á expedición do FIOT remata o 21 de abril. Do 6 ao 30 de xullo, Almagro acollerá 102 representacións da man de 50 compañías.

“O tolleito de Inishmaan”, o espectáculo máis galardoado dos XXI Premios María Casares 2017

A obra coproducida polo FIOT e Contraproducións é o espectáculo máis premiado dos XXI Premios de Teatro María Casares 2017 ao obter 5 galardóns.

“O Tolleito de Inishmaan” acada 11 nominacións aos Premios María Casares 2017

A obra "O Tolleito de Inishmaan", coproducida polo FIOT, acadou 11 nominacións aos Premios María Casares 2017.

O FIOT acolle a estrea absoluta de “O Tolleito de Inishmaan” de Contraproducións

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo acollerá este venres 14 de outubro a estrea absoluta de “O Tolleito de Inishmaan”, obra de Martin McDonaugh adaptada e dirixida por Cándido Pazó.

“Iván Off” de La Casa de la Portera dá o salto ao gran escenario no FIOT de Carballo

La Casa de la Portera presentou este mércores no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo o salto ao gran escenario de “Iván Off”, a súa aclamada adaptación do Ivanov de Antón Chejov, que o próximo 7 de outubro se representará por primeira vez neste novo formato.

O FIOT entregará o Premio do Público á Compañía Manolo Alcántara

A Compañía Manolo Alcántara, que este venres 30 de setembro inaugurará o FIOT co seu espectáculo "Rudo", recibirá o Premio do Público de 2011.