Noite branca

Noite branca

Rematamos as prazas para A Noite Branca do FIOTIÑO 2018 e as solicitudes dende agora pasan á lista de espera. Gracias pola gran acollida un ano máis!!!

Como en cada edición, os máis cativos terán a oportunidade de coñecer os segredos do teatro e vivir unha experiencia inesquecible e moi enriquecedora arredor deste mundo máxico, tamén ao longo dunhas horas máxicas, as da noite.

Os nenos e nenas serán os protagonistas dun novo minicampamento no que coñecerán como é un teatro por dentro, participarán de divertidos obradoiros  e mesmo crearán unha pequena obra, que poñerá punto final a esta actividade, e á que estarán invitados familiares e amigos dos participantes.

A cea, a noite nos sacos de durmir no teatro e o almorzó da mañá seguinte, formarán parte desta aventura chea de xogos, sorpresas e, sobre todo, moito teatro que este ano contará coa presenza duns convidados moi “espaciais”

  • Datas e horario: das 19.00 h do venres 5 ás 11.00 h do sábado 6 de outubro
  • Lugar: Pazo da Cultura
  • Prezo: 20 € (terán preferencia os socios da AC Telón e Aparte)
  • Inscrición: Pazo da Cultura, do 18 ao 28 de setembro
  • Prazas: 25 nenos/as
  • Idades: de 6 a 12 anos
  • Organiza: AC Telón e Aparte

A NOITE BRANCA é unha actividade promovida pola Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT, e dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Esta actividade, que se desenvolverá nas instalacións do Pazo da Cultura de Carballo, estará supervisada por persoal cualificado e con experiencia neste tipo de actividades.

Os participantes deberán cubrir a ficha de incrición e entregala con todos os datos que se solicitan -sobre todo os referentes a posibles alerxias, intolerancias ou doenzas dos nenos/as- ben nas oficinas do Pazo da Cultura, ben enviándoo ao enderezo electrónico fiot@fiot.gal.

Estar inscrito non significa estar admitido. Deberán esperar a confirmación por parte do persoal encargado da actividade para realizar o ingreso do importe que custa a actividade (20 €) no seguinte número de conta da entidade que se indica ES9420800019553040024592

 

O campamento iniciarase ás 19.00 h do venres 5 de outubro e rematará ás 11.00 h do sábado 6 de outubro.

 

NO CASO DE SEREN ELIXIDOS PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE

Prégase que os participantes estean no Pazo da Cultura cun mínimo de 15 minutos antes do inicio da actividade, para ser recibidos polos monitores que estarán ao coidado dos nenos/as, así como para presentarse aos seu país/nais ou titores. Confirmaranse todos os datos das inscricións así como o consentimento, ou non, de toma de imaxes.

Deberán traer o seguinte material  para pasar a noite: un saco de durmir ou roupa de abrigo, unha esterilla ou similar, utensilios de aseo básicos e un chándal ou roupa cómoda.

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT, así como o Concello de Carballo / Pazo da Cultura e a empresa A TRASTENDA DOS CONTOS, promotora desta actividade, posúen seguros de Reponsabilidade Civil actualizados que cubrirían calquera tipo de incidencia que poida desenvolverse nesta actividade.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN DO 18 AO 28 DE SETEMBRO

 

Descarga aquí o formulario  

NOME DO NENO/A

IDADE

NOME DO PAI/NAI/TITOR/A

DNI DO PAI/NAI/TITOR/A

TELÉFONO/S

EMAIL

ENDEREZO



SOCIOS DA AC TELÓN E APARTE (Indicar si ou non e nome do asociado)  Si Non
Nome do asociado



ACTIVIDADE PARA A QUE SE QUERE INSCRIBIR
 Noite branca no teatro LIVE IS A CABARET



CONSIDERACIÓNS (indíquese doenzas, intolerancias alimentarias, alerxias, outros datos de interese...)



PERMITE QUE SE PUBLIQUEN FOTOS DO ACTO NAS QUE SALGA O NENO:  Si Non

Ao marcar "si" dou o meu consentimento á Asociación Cultural Telón e Aparte, entidade organizadora do Festival Internacional de Outono de Teatro, para a libre difusión no seu sitio web do Festival e das redes sociais e canles de promoción do mesmo, das reproducións fotográficas do menor ao que acompaño/represento, coa finalidade de que tales fotografías sexan empregadas para a promoción da actividade na que o menor participa, así como para a promoción do FIOT.


Para enviar a solicitude ten que aceptar a seguinte cláusula:

Pola presente, dou o meu consentimento ao menor ao que represento para inscribirse e participar –no caso de ser aceptado/a- na/ás actividade/s elixida/s, así como, eximo de toda responsabilidade á organización daqueles actos que desenvolva o menor e non pertenzan ou fomenten propiamente ás actividades organizadas polo Festivial Internacional Outono de Teatro a través da Asociación Cultural Teléon e Aparte.

NOTA INFORMATIVA: En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase que os datos persoais que se faciliten para a participación na presente actividade incorporaranse a un ou varios ficheros, dos cales é responsable a Asociación Cultural Telón e Aparte, entidade organizadora do Festival Internacional de Outono de Teatro, con enderezo na Rúa do Pan, s/n, onde poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, o de oposición, dirixindo solicitude asinada por escrito xunto cunha fotocopia do seu Documento de Identidade.