LOLITA FLORES ENCARNA NO FIOT A UNHA FEDRA PASIONAL

LOLITA FLORES ENCARNA NO FIOT A UNHA FEDRA PASIONAL

Unha Fedra apaixonada e pasional interpretada por Lolita Flores será o prato forte, este sábado día 13 de outubro, da programación do teatro de sala do Festival Internacional Outono de Carballo (FIOT). Será estreo en Galicia e terá lugar no Pazo da Cultura ás oito e media da tarde. Paco Bezerra como dramaturgo e Luis Luque como director debuxaron unha Fedra máis reivindicativa e loitadora que a que nos legou a dramaturgia grega.

Así, a Fedra que se presenta en Carballo e á que terminará de imprimirlle paixón sobre o escenario Lolita Flores; «é unha historia de liberdade e de amor, porque Fedra é unha historia de desamor e polo tanto de amor», conclúe Luque. Xunto a Lolita Flores, sóbense ao escenario de Carballo Juan Fernández, no papel de Teseo, marido de Fedra; Críspulo Cabezas como Hipólito, hijastro de Fedra e o seu obxecto de amor e desamor; Eneko Sagardoy, interpretando a Acamante, fillo de Fedra e Teseo; e Tina Sainz, como Enone, a nodriza.

Con Fedra Lolita Flores conquistou ao público do Festival de Mérida, e logo seguiu conquistando o aplauso de quenes acoden ao teatro La Latina de Madrid. Ante o estreo en Carballo a actriz confesaba que «cada función que facemos, sexa onde sexa, é distinta e única. Da igual que sexa en Madrid na Latina ou en Carballo.

A comunicación que se crea co público é moi persoal; vai directa a cada persoa, así que imaxino que o público do FIOT, aínda que sexa distinto ao de Mérida ou Madrid, está formado por seres humanos que van a empatizar con algún dos personaxes da obra. De todos os xeitos, na comedia nótase máis as diferenzas entre públicos. Nas traxedias, como é Fedra, o calafrío é máis ou menos pasional, pero existe».

A SECCIÓN MÁIS INTIMA DO FIOT INICIARASE MAÑÁ SÁBADO

Mañá sábado comezarán as actuacións doutra das seccións do FIOT, o microteatro Metro Cadrado. Un espazo onde o público pode mirar aos ollos das actrices e actores, tocar, ulir e sentir. Un espazo que permite vivir intensamente unha experiencia teatral.

Inaugurará este espazo, que se iniciou o pasado ano, o espectáculo “Mi bici” do Teatro Circo Danza. Haberá pases á unha, unha e media do mediodía, e ás sete e sete e media da tarde; os espectadores gozasen co coñecido clown Fredi, que ofrece humor, técnicas circesenes e acrobacias. A obra representarase no lugar de Cereales Porteiro. A segunda obra do Metro Cadrado será “Pan”, de Helena Salgueiro. Poñerase en escena na Panadería Ana Mesejo ás seis, seis e media, sete e sete e media da tarde.

FIN DE FESTA DE RUA DÚAS CONTOS

Mañá sábado terá lugar o fin de festa para Rúa dos Contos a cargo dunha das formacións musicais máis alternativas do momento: Monoulious DOP. Unha banda de rock con identidade propia, con ritmos pegadizos, sorprendentes e con letras que teñen retranca. A entrada será gratuita, na Cervexería Beos a partir das doce da noite.

“LA TRISTEZA DOS OGROS” INAUGURA A SECCIÓN OTNI

O autor belga Fabrice Murgia viaxará a Carballo para encargarse da posta en escena de “La Tristeza de los Ogros”. A cita é o vindeiro domingo día 14 de outubro, ás oito e media da tarde, no Pazo da Cultura. A obra inaugurará a sección OTNI do FIOT. O espectáculo foi estreado en 2009, e con él Fabrice Murgia consagrouse como dramaturgo no Festival de Aviñón (Francia), foi o inicio dunha afamada e premiada carreira . Murgia recibiu o León de Prata do Festival de Cannes á mellor dirección e na actualidade é unha referencia do teatro europeo. Está considerado como o director das novas xeracións”.

Fabrice Murgia ofrecerá ao público do FIOT unha adaptación especial dunha obra que aborda a perda da infancia. Adaptada por Borja Ortiz de Gondra, a acción de “La tristeza de los Ogros” sitúase en 2006, cando o mozo alemán Bastian Bosse asasinou a oito rapaces no instituto alemán onde estudaba tras anuncialo no seu blog persoal. Ese mesmo ano, a adolescente Natascha Kampusch escapou do seu secuestrador tras estar dez anos encerrada nun sótano: “Ambos eran adolescentes que deixaron de selo”, subliñou o autor “La Tristeza de los Ogros” é un espectáculo coproducido polo Théâtre National Wallonie-Bruxelles, Teatro del Canal e Teatre Lliure, e coa súa representacion será inaugurada a novena edición do OTNI do FIOT.