Lolita Flores actuará no FIOT de Carballo coa obra “Freda”

Lolita Flores actuará no FIOT de Carballo coa obra “Freda”

O vindeiro sábado, outubro, as oito e media da tarde, se estrea en Galicia a nova produción de Fedra. Un clásico que se estrenou no festival clásico de Mérida e que na actualidade triunfa no teatro A Latina de Madrid.

Lolita Flores encarna a Fedra. Fedra é un volcán. De emocións, de paixóns, de sentimentos, de pulsións. E ese volcán entra en erupción para configurar unha das traxedias gregas máis saborosas e que máis creadores adaptaron dende que Eurípides, alá polo 430 a. C., levásea ao papel.

A 27º edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo recibirá no Pazo da Cultura a obra « Fedra» que interpreta Lolita Flores. Unha adaptación dun dos novos dramaturgos máis notables do panorama teatral actual: Paco Bezerra.

O seu texto, un zume de traxedia que exuda intensidade e poesía, púxoo en pé Luís Luque, habitual compañeiro de aventuras escénicas de Bezerra, cunha protagonista que concentra as miradas cada vez que se sobe a un escenario: Lolita González Flores. Xunto a ela Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko Sagardoy e Tina Sáinz.

Fedra emerxe en escena atafegada polo tormento, coa súa espesa cabeleira cubrindo o seu rostro, nunha fermosa imaxe creada por Luque. A culpa lle corroe e lle atenaza, pero aos poucos vai crecendo nela o orgullo, a firmeza, que lle levan a querer desafiar as normas e reivindicar a lexitimidade dos seus desexos. Pero tropeza coa negativa de Hipólito, e a necesidade de salvarse da ira de Teseo, o seu marido, lévanlle a acusar o seu fillastro de quererlle violar. A traxedia está servida.

No Fiot de Carballo acollerá unha suxestiva posta en escena de Fedra, que transportaranos directamente ao ardente corazón de protagonista, interpretada pola popular artista, Lolita, que encabeza un excelente equipo.

  • ENTRADA: 15 EUROS
  • DURACIÓN: 90 MINUTOS
  • RECOMENDADO A PARTIR DE 14 ANOS