“IPHIGENIA EN VALLECAS”, OBRA GAÑADORA DO PREMIO DO PÚBLICO DO FIOT 2018

“IPHIGENIA EN VALLECAS”, OBRA GAÑADORA DO PREMIO DO PÚBLICO DO FIOT 2018

“Iphigenia en Vallecas”, a obra de Serena Producciones protagonizada por la actriz María Hervás, resultou escollida como a ganadora do Premio do Público da XXVII edición do Festival Internacional de Teatro (FIOT) de Carballo. A obra obtivo unha puntuación de 4,58 sobre 5. Lolita Flores interpretando a Fedra tampouco defraudou ao público do FIOT. A obra era unha das postas en escea mais esperadas, de feito esgotou as entradas ás dúas horas de poñerse á venda. O espéctaculo acadou a segunda mellor puntuación do público, un 4,54 puntos. Tamén gustou o espectáculo “Pss Pss” da compañía suiza Baccalá quen mostrou en Carballo unha interpretación que mestura clown contemporáneo con teatro e circo. A obra acadou unha puntuación de 4,52 puntos. Dentro da sección OTNI o espectáculo mellor valorado, con 4,17 puntos, foi “La Tristeza de los Ogros” de Théatre National de Wallonie-Bruxelles en coprodución con Teatros del Canal e Teatro Lliure. O público tamén valorou as obras presentadas dentro do certame de Microteatro. Neste apartado a obra “A Bonequiña”, da compañía Moito Morro acadou a mellor puntuación, e así conseguiu o Premio do Público para o mellor espectáculo. Mentras que o Premio do Público para a mellor interpretación foi para Diego M. Buceta polo espectáculo “As vacacións mais longas”.

A XXVII edición do FIOT, a máis grande

A falta da celebración da Final de Teatro Lido o próximo 11 de novembro, o público xa valouro esta edición do FIOT é indican que foi un festival de alta calidade. O programa incluiu 15 estreas ( 10 en Galicia e 5 absolutas), as mellores compañías do panorama teatral de España e espectáculos de catro países (Bélxica, Suíza, Arxentina Guinea Eduatorial). Postas en escea actuais e contemporáneas, de formatos e disciplinas moi variadas e con algúns dos directores, dramaturgos e intérpretes mais interesantes do panorama actual como Paco Becerra, Luís Luque, Celso Giménez/La Tristura, Marta Buchaca, Tito Asorey, María Hervás, Cándido Pazó, Yayo Cáceres/Ron Lalá, Pablo Remón, Álex Rigola, Fabrice Murgia, Borja Fernández,Iván Morales, Alfredo Sanzol… A resposta dos espectadores foi excelente, así agotaronse os 200 bonos postos á venda, as entradas de 8 dos 10 espectáculos do Programa de Sala que tivo unha tasa de ocupación do 98%, e un récord de participantes: 11500, dos que 7452 acudieron como espectadores nas funcións do Pazo da Cultura e nas representacions na Rúa dos Contos.

O FIOT logrou atraer ao público xoven

Nesta edición do FIOT os organizadores tiñan posta a mirada en atraer aos xóvenes que naceron co cambio de século, e que agora están a acadar a maioría de idade. Con isa finalidade programáronse espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados “millennials” ou xeneración Z. O Obxetivo cumpliuse e constatouse un incremento da presencia de espectadores novos en moitas funcións, o que constitue o inicio dunha conexión na que seguirán incidindo futuras edicións do festival.

Grande éxito da celebración da XX edición da Rúa dos Contos

Este ano festexábase o vinte aniversario da Rúa dos Contos e para celebralo houbo un excelente programa de actuacions, tamén unha exposición que fai un percorrido polos máis de 130 compañías e 290 artistas que participaron nestes anos e tamén pola atractiva e divertida iconografía que forma parte da historia do certamen. Ademais, este ano de celebración creouse o Paseo da fama da Rúa dos Contos na rúa Valle Inclán de Carballo. Unha homenaxe na que parcitiparon moitos artistas plásticos de Carballo baixo a coordinación de Santiago Pazos. Un Paseo que manterá presentes durante moito tempo os nomes de moitos dos artistas que deron vida á Rúa dos Contos

FIOT, moito máis que teatro

O FIOT ten vontade de dinamizar Carballo e este compromiso manifiestase nas múltiples actividades paralelas que lle dan vida e sentido ao Festival. Case un centenar de actividades que forman parte dunha ducia de programas (Fiotiño, Escola do Espectador, Café con…, obradoiros, Exposicións, Zoom Fiot, Premio do público, programa de Voluntariado, Dalle un bocado ao FIOT (organizado pola Concellaría de Turismo), Xograr de Outono ou o máis recentemente incorporado, FioTEEN, dedicado aos adolescentes e que incorporou aos Institutos ao FIOT con espectáculos e propostas de promoción do festioval). Máis de 4.000 participantes estiveron implicados nestas actividades que redundan na creación e formación de públicos e en ampliar a dimensión cultural do FIOT a outras artes e disciplinas.

Agradecimientos e Colaboracións

O FIOT volve a demostrar porque é todo un referente nas artes escénicas galegas e un dos máis importantes festivais galegos, condición que este ano lle recoñeceu a Xunta de Galicia concedéndolle o Premio da Cultura Galega, o galardón cultural máis relevante da nosa comunidade. Casi a piques de rematar a organización quere agradecer sobre todo a espectadores a sua entrega e participación.

Por outra banda, agradecer a todas as institucións que fan posible o FIOT que organiza a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo. Tamén o apoio dado desde a Deputación da Coruña, AGADIC (Xunta de Galicia), INAEM (ministerio de Cultura), Fundación Luis Calvo Sanz, pero tamén a locais de hostalería, medios de comunicación, locais comercias e centros de educativos que colaboran e permiten que o FIOT sexa unha realidade.