‘Incendios’, obra gañadora do Premio do Público do FIOT 2017

‘Incendios’, obra gañadora do Premio do Público do FIOT 2017

‘Incendios’, a obra de Ysarca e Teatro de la Abadía protagonizada pola veterana Nuria Espert, Premio Princesa de Asturias das Artes, resultou escollida como a gañadora do Premio do Público da XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, cunha puntuación de 4,86 sobre 5.

Era unha das grandes esperadas e non defraudou. Tampoco o fixeron “El hijo que quiero tener”, de El Pont Flotant, un impresionante experimento interxeracional que non deixou indiferente a ninguén e que logrou a segunda mellor consideración dos espectadores.

Pero entre os éxitos indiscutibles destaca “Fillos do Sol”, unha estrea absoluta no festival, que coproduciu coa compañía Contraproducións. Calificada coa terceira mellor puntuación (4,6 sobre 5), a última creación do director galego de moda, Cándido Pazó, foi unha das sensacións desta edición, como tamén o fora o ano pasado co “Tolleito de Inishmaan”, gran triunfadora dos últimos Premios María Casares, con cinco galardóns.

O éxito de “Fillos do Sol” supón un respaldo do público á estratexia de apoio á creación por parte do FIOT, que este ano coproduciu tres obras e desenvolveu numerosas actividades para favorecer aos creadores emerxentes, como é o caso das residencias de actores.

A mellor valoración do FIOT en 10 anos
En conxunto, este ano foi o mellor valorado da última década, cunha nota de 4,27 sobre 5. O Ciclo OTNI tamén obtivo o mellor recoñecemento dos espectadores da súa historia, con 4,2 puntos. No novidoso Certame de Microteatro Metro Cadrado (M²), os favoritos do público foron ‘Amor de pé’ de Tukumpas Teatro ao mellor espectáculo; Martín Pol (‘Amor de pé’) á mellor interpretación masculina; e Iria Sobrado (‘Brinde’) á mellor interpretación feminina.

O público non só premiou as obras coa súa puntuación, senón tamén coa súa asistencia masiva ás distintas actividades e espectáculos que tiveron lugar entre o 16 de setembro e o 28 de outubro. Así, máis de 10.200 persoas participaron nas 96 actividades do festival, cun total de 6.720 espectadores nas 74 funcións de 35 espectáculos diferentes. Isto deixa unha media de 304 asistentes nas obras do Ciclo Principal, o que supón unha ocupación do 90% en sala.

Un dos grandes referentes culturais de Galicia
A gran confluencia de participantes converte ao FIOT nun dos grandes eventos culturais de Galicia, xa que concentra a un número de persoas equivalente a un terzo da poboación de Carballo, unha cifra con gran impacto social e económico.

A isto súmase a gran calidade da programación, que despertou o interese de moitos profesioais do sector. Ademais de críticos de teatro de ámbito galego, asistieron outros do panorama nacional, como o director da revista Teatro Artez, doutros medios xeneralistas, produtores e distribuidores de teatro, directores de festivais, numerosos directores e acotres e programadores.

Todos estos factores fan que o crecemento do festival supere a capacidade do Pazo da Cultura de Carballo, a súa instalación cultural de referencia, e pon en evidencia a necesidade dun novo equipamento axeitado para espectáculos máis relevantes.

>> Sigue todas as novidades do festival en FacebookTwitter e Instagram.