INAUGURACIÓN DA COLECCIÓN BIBLIOGRÁFICA DE XOAN MANUEL LÓPEZ EIRÍS

INAUGURACIÓN DA COLECCIÓN BIBLIOGRÁFICA DE XOAN MANUEL LÓPEZ EIRÍS

Mañá, martes, 9 de outubro, terá lugar o acto inaugural da exposición bibliográfica dunha selección do fondo de máis de 2000 volumenes doado ao Concello de Carballo por Xoan Manuel López Eirís.

A inauguración celebrarase ás 19:30 horas na Biblioteca Rego da Balsa. Asistirán a familia de López Eirís, o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, o Concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, e o Presidente da Asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro. Tamén confirmou a súa asistencia o dramaturgo Manuel Lourenzo, quén os vindeiros días será nomeado Xoglar de Outono 2018 do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.

Xoán Manuel López Eirís, escenógrafo e actor de Carballo, foi un dos impulsores, animadores e membros activos do moderno teatro independente de Galicia. López Eirís participou na creación da Escola Dramática Galega. Tamén realizou traballos co Teatro Circo, coa compañía Luis Seoane e estivo moi relacionado con Casa Hamlet, colaborando estreitamente con Manuel Lourenzo. En 1981 escribiu o ensaio “ O teatro de ópera chino”.

A colección conta con máis de 2000 volúmentes con edicións facsímiles, obras clave en diversas línguas, moitas de ámbito teatral: escenografía, vestiario, maquillaxe, ópera, ballet ou cine. Tamén conta con obras dos clásicos do teatro galego e internacional.

Este material foi doado por Xoan Manuel Eiris ao Concello de Carballlo para a súa custodia na Bibiloteca Rego da Balsa da localidade.