HUMOR, INTRIGA E EMOCIÓN NO FIOT DE CARBALLO DA MAN DE RON LALÁ

HUMOR, INTRIGA E EMOCIÓN NO FIOT DE CARBALLO DA MAN DE RON LALÁ

Este xoves, día 11 de outubro, ás nove da noite e no Pazo da Cultura de Carballo, a compañía de teatro, humor e música Ron Lalá estreará en Galica o seu novo espectáculo “Crimen y Telón”, levando a súa linguaxe escénica a un novo desafío. Por unha banda é unha parodia da precaria situación actual das artes e a cultura e, por outra banda, é unha homenaxe ao teatro a través das diversas esceas que, a modo de puzzle, configuran un gran enigma. Ron Lalá escenifica un trhiller ambientado nun futuro no que as artes estarán prohibidas e o planeta será liderado por unha intelixencia artificial. Un labirinto de intrigas e gargalladas servido por cinco actores e músicos, con música en directo e acción a contrarreloj que converte aos espectadores en testemuñas e sospeitosos do maior magnicidio da historia das táboas: quen matou o teatro?.

Ron Lalá repite en Carballo e este ano recollerá o Premio do Publico do Festival Internacial Outono de Teatro (FIOT) pola obra “Cervantina” que representou na edición de 2016.

Inicio da actividade Café con ….

Este xoves, dentro das actividades paralelas do FIOT, comenza o espazo Café con. Tratase de encontros entre espectadores e grupos teatrais que pretenden aproximar ao proceso creativo, á linguaxe e aos códigos de interpretación dun espectáculo, amosando de primeira man o proxecto artístico da compañía e da obra, resolvendo dúbidas e curiosidades ou intercambiando opinións. Un agradable espazo de comunicación tomando un café. O primerio Café con será o xoves día 11 de outubro ás sete e media da tarde con os actores de Ron Lalá. A cita será na sala da televisión do Pazo da Cultura de Carballo.

Estreo do espectáculo coproducido polo FIOT

O xoves día 11 de outubro, e dentro da sección de Rúa dos Contos, estrearase o espectáculo “Papar sen cancelas”, unha obra coproducida polo FIOT, nesta 27.ª edición. A cita é ás once e media da noite na Barra Bar, onde Isabel Rico, Pedro Brandariz e Fran Rei estrearán unha deliciosa comedia sobre a cultura galega. O espectáculo é unha exquisita selección gourmet dos mellores pratos do noso idioma, que estes tres cociñeiros cómicos prepararon para servir a varios personaxes do panorama galego actual. A entrada, tres euros, inclúe un aperitivo.