EXPOSICIÓN XX ANIVERSARIO DA RÚA DOS CONTOS

EXPOSICIÓN XX ANIVERSARIO DA RÚA DOS CONTOS

Hai 20 anos que o FIOT inaugurou en Carballo unha Rúa. Unha rúa para encher de historias, de humor, de provocación, de…  vida. Por unha vez, trasladamos ao interior Pazo da Cultura a parte máis gamberrra do FIOT, a unha praza imaxinaria onde invocar os marabillosos momentos en cafés, pubs ou cervexarías que nos fixo gozar este ciclo pioneiro na narración oral en Galicia.

Non caben as máis de 200 funcións realizadas nin case os 300 artistas ou 131 compañías que lle deron pulso á ovella negra do FIOT con contos, historias, poesía, músicas e risas, pero a creativa e divertida iconografía creada por Alberto e Juan Félix Gende para as 20 edicións seguro que transportan a nosa memoria a moitas Noites de Rúa Chea…


 

Data: Do 28 de setembro ao 1 de novembro
Lugar: Sala de Exposicións do Auditorio do Pazo da Cultura
Organiza: AC Telón e Aparte