EXPOSICIÓN BIBLIOTECA DE XOÁN MANUEL LÓPEZ EIRÍS: O EXLIBRIS DO TEATRO

EXPOSICIÓN BIBLIOTECA DE XOÁN MANUEL LÓPEZ EIRÍS: O EXLIBRIS DO TEATRO

Exposición bibliográfica dunha selección do valioso fondo de máis de 2000 volumes doado ao Concello de Carballo no 2014 por Xoán Manuel López Eirís, finado en novembro de 2017. Este reputado escenógrafo carballés estaba moi vinculado ao teatro galego, participou na creación da Escola Dramática Galega e estivo moi vinculado a Casahamlet e ao Xograr de Outono do FIOT deste ano, Manuel Lourenzo, co que realizou diferentes traballos.

A Colección conta con edicións facsímiles e príncipe de obras clave da historia do teatro, escenografía, vestiario, maquillaxe, ópera, ballet ou cine, artes tan vencelladas ao eido teatral. Clásicos do teatro, teatro galego, oriental e internacional, tanto nas súas linguas vernáculas como en edicións e traducións, cun lugar especial para Shakespeare, clásicos gregos e latinos, grandes figuras universais como Molière, Calderón de la Barca ou Bertolt Brecht, autores galegos e portugueses como Cunqueiro ou Carballo Calero, entre moitos outros.

Ademais de agradecer a súa doazón, con esta mostra bibliográfica queremos renderlle homenaxe a este carballés.


Data: Do 9 de outubro ao 10 de novembro
Lugar: Biblioteca Rego da Balsa
Organiza: Concellaría de Cultura do Concello de Carballo