Yllana 25

yllana

Yllana (Madrid)


23 de setembro

Inicio

23/09/2016 - 21:00

Finalización

23/09/2016 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Antiguas

Que mellor prólogo para o FIOT 25 que o que podemos realizar cunha das compañías máis queridas polos fioteiros e que tamén celebra o seu 25 aniversario?

Por novena vez volven a Carballo, onde gozamos dos seus traballos máis importantes, recompensándoos en tres ocasións co Premio do Público.

Yllana 25 fará realidade o desexo dos numerosos fans de Yllana de gozar nun mesmo espectáculo dos mellores gags, nun repaso cos máis destacados momentos da traxectoria da compañía, que nos traerán moitos recordos.

Creatividade, humor negro sen palabras e un toque gamberro son as marcas que identifican a esta compañía madrileña, referente nacional do humor xestual que fará estoupar a comicidade cun ritmo trepidante. Na súa traxectoria, vinte e cinco espectáculos, máis de 2000 representacións en 30 países, preto de 2.000.000 de espectadores e multitude de premios, entre eles dous Max.


ESTREA EN GALICIA.


Intérpretes: Fidel Fernández, Juan Ramos Toro, Luís Cao, Juanfran Dorado e Jony Elías.
Idea orixinal e dirección artística: Yllana (Marcos Ottone, Juan F. Ramos, Joe O’Curneen, Fidel Fernández e David Ottone).


ENTRADA: 10 €.

-

Páxina web

www.yllana.com