XVII Concurso escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís

concurso

FINAL E ENTREGA DE PREMIOS


5 de novembro Pazo da Cultura

Inicio

05/11/2017

Finalización

05/11/2017

Dirección

Pazo da Cultura

Categorías

Fiotiño

Este veterano concurso organizado pola AC Telón e Aparte conta coa colaboración da emisora Radio Voz Bergantiños e da Libraría Brañas co obxectivo de promover a interpretación oral entre os máis pequenos e visibilizar a potencialidade dramática da radio.

Pequenos grupos de escolares e de asociacións de Bergantiños fan chegar o teatro a todos os currunchos de Bergantiños e Costa da Morte a través das ondas de radio, realizando unha interpretación lida dun fragmento dun texto teatral. Ademais de gozar da experiencia radiofónica nuns estudos profesionais, os gañadores repártense premios por un importe de 850 €.


FINAL E ENTREGA DE PREMIOS:
Pazo da Cultura, domingo 5 de novembro.
Participarán os finalistas do concurso e actuará como mestre de cerimonia Caxoto.
Prazo de inscrición: ata o 2 de outubro
Organiza: AC Telón e Aparte, co apoio de Radio Voz e Libraría Brañas.

-