WASTED

wasted

Íntims Produccions (Cataluña)


26 de outubro 21:00 h.

Inicio

26/10/2018 - 21:00

Finalización

26/10/2018 - 22:30

Dirección

Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

OTNI

Edu, Carlota e Dani quedaron na árbore de Toni. Hoxe fai dez anos que morreu. E entre birras e fume xorden as lembranzas. Que querían facer eles cando tiñan 15 anos? Odian no que se converteron, curro, piso, coche-can-piscina. Verse pouco cos colegas. E botar de menos o que eran antes. Reencontros, abrazos, segredos,… unha noite eterna demasiado curta.

A obra da dramaturga, poetisa e rapeira británica Kate Tempest, é un drama xeracional, o reencontro entre tres amigos decepcionados polos seus soños, que intentan recuperar os lazos que os unían e unha xuventude perdida.

Cunha linguaxe moi fresca, próxima ao rap, interpelan directamente o espectador, o que integran na escena compartindo o mesmo espazo. Dirixida por Iván Morales (que formou parte do OTNI hai uns anos con Sé de un lugar) o espectáculo convértese nunha experiencia intensa e fascinante.

 

 


ENTRADA: 5 € |  DURACIÓN: 70 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 14 ANOS 


Intérpretes: Oriol Esquerda, Sandra Pujol e Xavier Teixidó
Movemento: Pablo Molinero e David Climent (Los Corderos)
Asesoramento vocal: Pau Llonch
Fotografía e vídeo: Moledro House
Espazo escénico: Marc Salicrú
Espazo sonoro: Ilia Mayer
Iluminación: Miki Arbizu
Axudante de dirección: Rafa Rodríguez
Tradución: Martí Sales
Adaptación: Iván Morales e Íntims Produccions
Autora: Kate Tempest
Dirección: Iván Morales


 

Máis sobre a obra/grupo  

-