UN ENEMIGO DEL PUEBLO (ÁGORA)

enemigo-1

El Pavón / Teatro Kamikaze (Madrid)


28 de outubro 20:00 h.

Inicio

28/10/2018 - 20:00

Finalización

28/10/2018 - 21:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Unha compañía de teatro recibe subvencións outorgadas por un partido con ideais e accións contrarias á súa ética. É aceptable calar para non perder as axudas que lle dan viabilidade a un proxecto artístico crítico co poder? Perden toda a súa forza moral para denunciar a inxustiza desde o escenario?

Nesta versión tan persoal do clásico de Henrik Ibsen, Àlex Rigola, un dos directores máis innovadores e internacionais da nosa escena, converte o patio de butacas nunha ágora para que o público vaia xulgando os feitos a medida que os intérpretes os expoñen e emita o seu ditame cunha votación real, na que se cuestionará a sociedade, a democracia, a liberdade de expresión ou a ética persoal fronte ao poder. Unha experiencia única da que é imposible saír indiferente.

El Pavón Teatro Kamikaze é un dos proxectos teatrais máis interesantes actualmente, avalados polas exitosas traxectorias de Kamikaze e Buxman Producciones, ambas presentes no FIOT desde hai anos. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro 2017 pola súa valentía, singularidade e excelencia na creación.

 

 


ENTRADA: 12 € |  DURACIÓN: 75 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 13 ANOS


Intérpretes: Nao Albet, Israel Elejalde, Irene Escolar, Óscar de la Fuente e Francisco Reyes
Escenografía: Max Glaenzel
Iluminación: Carlos Marquerie
Dirección de produción: Jordi Buxó e Aitor Tejada
Axudante de dirección: Alba Pujol
Autor: Henrik Ibsen
Dramaturxista: Ferran Dordal
Versión libre e dirección: Álex Rigola


 

Máis sobre a obra/grupo  

-