O tolleito de Inishmaan

Tolleito2

Contraproducións (Galicia)


14 e 15 de outubro A función do venres 14 é só para abonados.

Inicio

15/10/2016 - 21:00

Finalización

15/10/2016 - 22:55

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles, un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Esta comedia negra na que as cousas non son o que parecen atraparanos no seu humor e tenrura.

Temos a satisfacción de estrear a produción coa que colaboramos na 25 edición do FIOT. Seducíronnos os seus moitos atractivos que avalan o éxito que seguro lle espera. Trátase dun moderno clásico universal, de grande éxito en todas as súas postas en escena polo mundo, escrito por un prestixioso autor contemporáneo, Martin McDonagh (autor tamén da primeira coprodución do FIOT, Un cranio furado). O dramaturgo e director de frutífera traxectoria profesional, Cándido Pazó, Xograr do FIOT, é o responsable deste espectáculo de gran formato, que conta con oito acreditados actores moi presentes na escena teatral e
audiovisual galega, e entre os que se atopan a tamén Xograresa Susana Dans ou o bergantiñán Santi Romay, así como a carballesa Belén Pichel na produción.

Porque aquí hai moitos tolleitos coma min, pero non se lles ve por fóra como a min


ESTREA ABSOLUTA E COPRODUCIÓN DO FIOT


Intérpretes: Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro, Luis
Iglesia.
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso.
Iluminación: Afonso Castro.
Música: Guillerme Fernández.
Tradución: Santi Romay e Alberto Rodríguez.
Autor: Martin McDonagh.
Dirección e adaptación: Cándido Pazó.


ENTRADA: 7 €.