TODO EL TIEMPO DEL MUNDO

todo-el-tiempo-del-mund0

Buxman e Kamikaze P. (Madrid)


20 de outubro 21:00 h.

Inicio

20/10/2017 - 21:00

Finalización

20/10/2017 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Cada noite, ao pechar a súa zapataría, Flores recibe a visita de estrañas persoas que lle contan o seu futuro, revelan detalles do seu pasado e chegan, mesmo, a desvelar as súas historias presentes. Que pasaría se todo o mundo esquecese algo que sucedeu realmente? Algo ocorre cada noite co tempo que fai que as historias convivan á vez e axuden ao señor Flores a comprender quen é. Este sinxelo conto onírico e poético, cheo de tenrura e emoción, fala sobre o tempo e os relatos e o amor que todo o salva.

Pablo Messiez, autor e director desta obra, está considerado como unha das voces máis interesantes do teatro español contemporáneo, recoñecido co Premio Max 2016. Nesta produción está acompañado de novo polos actores da compañía Grumelot Teatro, que estiveron no FIOT hai uns anos con outro traballo creado con Messiez, e conta coa produción de Buxman e dunha das compañías de referencia na actualidade, Kamikaze.


ENTRADA: 12 € | DURACIÓN: 90 MIN


Intérpretes: Amanda Recacha, Rebeca Hernando, Óscar Velado, María Morales, José Juan Rodríguez, Íñigo Rodríguez Claro e Mikele Urroz.
Escenografía e vestiario: Elisa Sanz
Iluminación: Paloma Parra
Dirección de produción: Jordi Buxó e Aitor Tejada
Axudante de dirección: Javier L. Patiño
Autor e director: Pablo Messiez

Web de Buxman     Web de Kamikaze P.  

-