Sueño de una noche de verano

Verano

Metatarso Producciones (Madrid)


22 de outubro

Inicio

22/10/2016 - 21:00

Finalización

22/10/2016 - 22:50

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Mentres unha compañía de cómicos ensaia unha obra de teatro para celebrar as vodas de Hipólita e Teseo, dúas parellas de namorados pérdense nun bosque, non moi lonxe do Reino das Fadas, na busca do amor verdadeiro. Pero algo acontece, o amor está no aire e nada é o que parece, e o que parece non resulta ser certo. Enredando máis a trama, a noite de verán envolve de maxia e encantamentos amorosos todos os protagonistas desta divertida historia.

O soño dunha noite de verán é a comedia máis popular e unha das máis fermosas de Shakespeare, do que este ano tamén celebramos o 400 aniversario do pasamento. O propio teatro comparte temática co amor, a fantasía, a loita de sexos ou a impulsividade do ser humano.

Carmen Conesa, Emilio Gavira e Alejandro Sigüenza encabezan esta proposta de Darío Facal, un emerxente director que está
destacando polas súas arriscadas e sorprendentes montaxes (e que por certo ten raíces familiares en Bergantiños), e na que se enfatiza o espírito divertido e cómico da obra, achegando o texto universal a todo tipo de público.

O amor non mira cos ollos senón coa alma.


ESTREA EN GALICIA


Intérpretes: Carmen Conesa, Alejandro Sigüenza, Emilio Gavira, Vicnete León, Alejandra Onieva, Óscar de la Fuente, Borja Luna, Katia Klein e Paco Ochoa.
Espazo escénico: Thea Norsola e Darío Facal.
Deseño de vestiario: Guadalupe Valero.
Deseño de perruquería: Chema Noci.
Música: Room 63.
Deseño de iluminación: Juanjo Llorens.
Deseño de panos: Estudio Mamífero.
Axundante de dirección: Javier L. Patiño.
Autor: William Shakespeare.
Versión: Javier L. Patiño e Darío Facal.
Dirección: Darío Facal.


ENTRADA: 10 €.

-

Páxina web

www.metatarso.com