Solitudes

Solitudes2

Kulunka Teatro (País Vasco)


2 de outubro

Inicio

02/10/2016 - 21:00

Finalización

02/10/2016 - 22:20

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Despois de enviuvar repentinamente, un ancián séntese tan desvalido e só que sae á rúa en procura de compañía para xogar ás cartas. Non se resignará e non renunciará aos seus pequenos desexos, pelexando por eles con dignidade.

A través do humor, esta sinxela historia afonda nas relación humanas, a incomunicación e a necesidade de afecto.

Kulunka estivo no Outono de Teatro co seu primeiro traballo e a súa sensibilidade e especial técnica con máscaras deixou unha fonda pegada. A súa andadura internacional levounos a máis de 25 países en 4 continentes, con preto de 500 funcións. O mesmo equipo creativo puxo en pé esta obra que, sen unha soa palabra, resulta todo
o contrario a inexpresivo.

Unha viaxe por universos cotiáns que, combinando a gravidade co sorriso, conmove, sorprende e invita á reflexión.


Intérpretes: José Dault, Garbiñe Insausti e Edu Cárcamo.
Escenografía e vestiario: Ikerne Giménez.
Deseño e construción de máscaras: Garbiñe Insausti.
Deseño de iluminación: Carlos Samaniego “Sama”.
música orixinal e deseño de son: Luis Miguel Cobos.
Dramaturxia: Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Edu Cárcamo, Rolando San Martín.
Dirección: Iñaki Rikarte.


ENTRADA: 7 €.