SLIPS INSIDE

slips-inside

Okidok (Bélxica)


22 de outubro 20:30 h.

Inicio

22/10/2017 - 20:30

Finalización

22/10/2017 - 21:40

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Pierrot e Marcel teñen corpos de ensoño, corpos de estrelas. Musculosos, elegantes, hábiles, polifacéticos… e moi conscientes de todas as súas incribles cualidades lánzanse nunha gran demostración dos seus talentos. E sabe Deus que teñen moitos! Talento en estado puro, o mellor da acrobacia, a esencia do mimo, o cumio da danza; a poesía bruta dos anos gloriosos do music-hall.

A compañía belga é unha das máis sorprendentes e creativas do clown europeo actual. Cunha imaxinación e espírito de diversión sen límites, estes artistas tolos transgriden os códigos, mesturando circo, teatro, intervención, improvisación e humor. As súas torpezas e pallasadas transportan o espectador a un universo poético onde todo é simple e a súa capacidade de conexión co público levounos a festivais e teatros de toda Europa.


ENTRADA: 8 € | DURACIÓN: 70 MIN


Intérpretes: Xavier Bouvier e Benoît Devos
Iluminación: Laurent Kaye
Dirección: Xavier Bouvier e Benoît Devos

Web do grupo  

-