SALVADOR

salvador

Borja Fernández (Galicia)


19 de outubro 22:30 h.

Inicio

19/10/2018 - 22:30

Finalización

19/10/2018 - 23:30

Dirección

Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

OTNI

Benito Fernández, desaparecido hai máis de 50 anos deixou un rastro. Tras anos de pescudas e viaxes transoceánicas o seu neto, un mozo na procura das súas raíces, recompono en escena a través de entrevistas, fotografías, cartas e obxectos persoais. Descubriremos casualidades inexplicables, coincidencias triangulares, cancións tropicais e almas selváticas.

A medio camiño entre o teatro documental e a ficción, Salvador é un proxecto escénico para un actor/músico e unha vídeo jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. Borja Fernández é actor, músico e performer que colabora con diferentes compañías Este proxecto forma parte de A Berberecheira, laboratorio de creación impulsado polo Grupo Chévere.

 

 


ENTRADA: 5 € |  DURACIÓN: 65 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 16 ANOS 


Idea e creación: Borja Fernández
Asistente de dirección: Diego Anido
Asistente de dramatúrxica: Claudio Días
Dirección: Borja Fernández e Uxía P. Vaello
Textos: Manuel Cortés e Borja Fernández
Adaptación: Manolo Cortés
Deseño iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Espazo sonoro: Borja Fernández
Asistencia en residencia: Colectivo A Berberecheira


 

Máis sobre a obra/grupo  

-