Rudo

Rudo

Compañía Manolo Alcántara (Cataluña)


30 de setembro
Recomendado + 7 anos

Inicio

30/09/2016 - 21:00

Finalización

30/09/2016 - 21:55

Dirección

Mercado Municipal (andar 2º)

Categorías

Antiguas

Un home rudo crea torres e todo tipo de figuras con pesadas caixas de madeira. As construcións combinan a rudeza dos materiais coa fraxilidade da estrutura e o protagonista, nun esforzo titánico, móvese en precario e delicado equilibrio. Gruñe, súa e non decae no seu delirio.

Un arriscado e tenro espectáculo de circo, co lirismo da música en directo, que representa o desexo humano, a ilusión para conseguir imposibles e os retos persoais levados ao xogo do absurdo. Rudo atrápanos no seu pequeno espazo íntimo, invitándonos a compartir os perigos e anhelos da vida.

A compañía de Manolo Alcántara foi a gañadora do Premio do Público do FIOT 2011 con outro precioso espectáculo de circo, Plecs, que nos atrapou nunha atmosfera máxica. O novo traballo deste artista e investigador circense, con grande acollida en España e no estranxeiro, transmitiranos tamén un circo persoal e singular, co que experimentaremos o risco.

A fraxilidade das construcións sobre as que se alza para facer precarios equilibrios son froito do desexo e da ilusión.


COMPAÑÍA PREMIO DO PÚBLICO FIOT 2011


Intérpretes: Manolo Alcántara, Laia Rius (violín) e María Bou (violonchelo).
Escenografía: Xavier Erra.
Vestiario e caracterización: Rosa Solé.
Construción do monicreque: Nartxi.
Deseño de iluminación: Luis Nevado.
Composición e dirección musical: Clara Peya.
Dirección técnica: Luis Nevado.
Creación e dirección: Manolo Alcántara e Xavier Erra.


ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO