Rinconete y Cortadillo

Rinconete

Sexpeare (Madrid)


9 de outubro

Inicio

09/10/2016 - 21:00

Finalización

09/10/2016 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Antiguas

Os verdadeiros Pedro del Rincón e Diego Cortado queren axustar contas con Cervantes por ter publicado ás súas costas un episodio fugaz das súas vidas pero que os condenou por sempre a responder á imaxe de pícaros. Un éxito de xuventude do que nunca se puideron recuperar. Como o Gordo e o Fraco ou Os Pecos, Rinconete e Cortadillo deben seguir xuntos para sobrevivir. Quizais agora chegou a ocasión de limpar o seu nome.

Alberto Conejero, dramaturgo que está destacando como unha das voces máis singulares e talentosas da autoría nacional, recentemente recoñecido co Max, continúa o misterioso final da novela exemplar de Cervantes con esta enxeñosa comedia sobre a
picaresca, a amizade e a loita entre a realidade e a ficción cos que Cervantes dou paso á modernidade.

O atrevemento, o humor negro, a expresividade, o absurdo ou a complicidade co público que caracterizan o estilo SeXpeare converteron á compañía nun referente do teatro de humor, que nos sorprendeu coa súa frescura e orixinalidade nas súas anteriores visitas ao FIOT. Nesta montaxe coa que celebran vinte anos de traxectoria, os populares Santiago Molero e Rulo Pardo rodéanse dun prestixioso equipo e homenaxean a Cervantes con este xogo, no que recoñeceremos á España actual a partir da que describiu Cervantes.

Y les sucedieron cosas que piden más luenga escritura (Cervantes)


Intérpretes: Santiago Molero e Rulo Pardo.
Axudante de dirección: José Carrillo.
Deseño de espazo escénico: Salva Bolta.
Deseño de iluminación: Marino Zabaleta.
Vestiario: Tatiana de Sarabia.
Composición musical: Mariano Marín.
Autor: Alberto Conejero, a partir da novela de Cervantes.
Dirección: Salva Bolta.


ENTRADA: 7 €.

-

Páxina web

www.efekto.net