RESACA

resaca

ilMaquinario Teatro (Galicia)


14 de outubro 20:30 h.

Inicio

14/10/2017 - 20:30

Finalización

14/10/2017 - 21:40

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Alex, unha amiga común, desapareceu para sempre. Unha morea de cadernos, centos de pensamentos, conversas, fotos, casetes e obxectos diversos son os materiais empregados como punto de partida para recompoñer a súa historia a través do teatro, da poesía, da música en directo ou do teatro de obxectos.

Cantas versións diferentes poden existir sobre un mesmo recordo? De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables? Desde a tenrura, o humor, a reflexión e a emoción, e, entre a realidade e a ficción, reconstruirán a memoria dunha xeración que busca o seu lugar nun mundo en proceso constante de transformación e crise.

Esta é a nova e persoal proposta dunha compañía galega que en tan só cinco anos foi recoñecida con cinco María Casares, candidata aos Max e consolidouse como unha das de maior proxección nacional..


ENTRADA: 8 € | DURACIÓN: 70 MIN


Intérpretes:Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich
Escenografía: Laura Iturralde e Montse Piñeiro.
Iluminación: José Manuel Faro “Coti”
Audiovisuais: Diego Branco e Laura Iturralde
Vestiario: IlMaquinario Teatro
Director musical: Vadim Yukhnevich
Axudante de dirección: María Peinado
Textos: Tito Asorey, Ana Carreira, Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Álex López, Laura Míguez, María Peinado e Vadim Yukhnevich
Dramaturxia: Tito Asore

Web do grupo  

-