PSS PSS

pss

Compagnia Baccalá (Suiza)


19 de outubro 21:00 h.

Inicio

19/10/2018 - 21:00

Finalización

19/10/2018 - 22:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Dous personaxes, inspirados na época do cine mudo, despregan sobre un escenario baleiro unha representación fóra do tempo, chea de enxeño e dun humor exquisito, que abraia pola súa destreza física. Unha extraordinaria interpretación que mestura clown contemporáneo con teatro e circo. Estes dous clowns de hoxe en día, poéticos, surrealistas, irónicos, acrobáticos e enormemente divertidos, catívannos coa linguaxe universal do xesto e da mirada.

A compañía suíza Baccalà é a encargada de traer a esta edición do festival o feitizo e o virtuosismo do mellor humor xestual , tan valorado polos espectadores do FIOT.

Esta comedia irresistible, viaxou por todo o mundo e foi galardoada con numerosos premios internacionais.

 

 


ENTRADA: 8 € |  DURACIÓN: 65 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 9 ANOS


Intérpretes e idea orixinal: Camila Pessi e Simone Fassari
Iluminación: Christoph Siegenthaler
Asesor artístico e xestión técnica: Valerio Fassari
Dirección: Louis Spagna


 

Máis sobre a obra/grupo  

-