PLAYOFF

playoff

La Joven Compañía (Madrid)


12 de outubro 20:30 h.

Inicio

12/10/2018 - 20:30

Finalización

12/10/2018 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Un vestiario dun equipo de fútbol feminino. Todo sucede nunha tarde, a do partido máis importante na vida das protagonistas, mulleres novas que aman a súa profesión. Alí aflorarán as envexas, os soños, as dúbidas e os medos dunhas rapazas fortes e independentes que o único que queren é vivir a súa paixón.

Esta traxicomedia fala de liberdade, de mulleres que queren desfacerse de todo os lastres que lle impoñen e reflexiona sobre o papel da muller e do deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos.

La Joven Compañía é un proxecto singular que pretende servir de primeira experiencia profesional para mozas e mozos, coa dirección de grandes profesionais do circuíto teatral nacional, e a incorporación de público novo, polo que  foi recoñecida co Premio El Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España. A autora deste fresco e reivindicativo texto, protagonizado por sete mulleres, é Marta Buchaca, unha das novas dramaturgas que destacan no panorama actual.

 

 

 


ENTRADA: 8 € |  DURACIÓN: 100 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 12 ANOS


Intérpretes: María Romero, Cristina Gallego, Cristina Bertol, Cristina Varona, Ana Escriu, Yolanda Fernández e Neus Cortés
Iluminación: Juanjo Llorens
Escenografía e vestiario: Silvia de Marta
Música e espazo sonoro: Luis Delgado
Videoescena: Álvaro Luna e Elvira Ruiz Zurita
Movemento escénico: Andoni Larrabeiti
Dramaturxia: Marta Buchaca
Dirección: José Luis Arellano García


 

Máis sobre a obra/grupo  

-