Papar sen cancelas

papar

ISABEL RISCO, PEDRO BRANDARIZ E FRAN REI


11 de outubro 23:30 h.

Inicio

11/10/2018 - 23:30

Finalización

11/10/2018 - 23:59

Dirección

A Barra Bar

Categorías

Rúa dos Contos

A Rúa dos Contos ten o privilexio de contar coa estrea absoluta dun novo espectáculo de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei: “Papar sen cancelas”, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Poderedes presenciar as artes de tres habelencios@s cociñeir@s cómic@s preparando o menú para algúns d@s personaxes máis distinguid@s do panorama galego actual. Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor!

 


ENTRADA: 3€ | TODOS OS PÚBLICOS | INCLÚE CONVITE A UN APERITIVO


 

-