Pan

pan

HELENA SALGUEIRO


13 de outubro 18.00 h, 18.30 h , 19.00 h e 19.30 h

Inicio

13/10/2018 - 18:00

Finalización

13/10/2018 - 20:00

Dirección

Panadaría Ana Mesejo (A Brea, nº 48)

Categorías

Microteatro

A partir do texto Pan (libro de ler e desler) da poeta galega Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro creará unha performance con canto e percusión en directo, arredor da idea de desexo, erotismo e feminismo.

Traballo manual, sensualidade, etnoloxía, danza, poesía, cantiga e traballo conforman a rica proposta desta xove poeta gañadora do II Certame de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón realizado para un espazo que forma parte das referencias carballesas, unha panadaría.

 


DURACIÓN: 15 MINUTOS | 20 ESPECTADORES | RECOMENDADA PARA MAIORES DE 16 ANOS


 

Fotografía: Ruth Matilda Anderson
Creación e interpretación: Helena Salgueiro

-