Noite branca no teatro

noitebranca

LUGAR E DATA


05-06 de outubro Pazo da Cultura

Inicio

05/10/2018 - 19:00

Finalización

06/10/2018 - 11:00

Dirección

Pazo da Cultura

Categorías

Fiotiño

Como en cada edición, os mais cativos terán a oportunidade de coñecer os segredos do teatro e vivir unha experiencia inesquecible e moi enriquecedora arredor deste mundo máxico, tamén ao longo dunhas horas máxicas, as da noite. Os nenos e nenas serán os protagonistas dun novo minicampamento no que coñecerán como é un teatro por dentro, participarán de divertidos obradoiros  e mesmo crearán unha pequena obra, que porá punto final a esta actividade, e á que estarán invitados familiares e amigos dos participantes. A cea, a noite nos sacos de durmir no teatro e o almorzo da mañá seguinte, formarán parte desta aventura chea de xogos, sorpresas e, sobre todo, moito teatro que este ano contará coa presenza duns convidados moi “espaciais”.

 



Datas e horario
: das 19.00 h do venres 5 ás 11.00 h do sábado 6 de outubro
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 20 € (terán preferencia os socios da AC Telón e Aparte)
Inscrición: Pazo da Cultura, do 17 de setembro ao 2 de outubro
Prazas: 25 nenos/as. Idades: de 6 a 12 anos Organiza: AC Telón e Aparte

 

 

-