Muiñada

muinhada

Galeatro (Galicia)


16 de setembro |20.00 h Pazo da Cultura

Inicio

16/09/2017 - 20:00

Finalización

16/09/2017 - 21:00

Dirección

Pazo da Cultura

Categorías

Fiotiño

Xacobe e Sabela atópanse nun muíño de auga. Como non poden moer a un tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música achegarán a cativos ou maiores a unha construción fundamental para a Galicia do século XX. Unha viaxe ao pasado para nenos de hoxe. A primeira compañía de teatro profesional de Carballo estrea no FIOT a súa primeira obra infantil de gran formato: Muiñada. Os seus fundadores son Alba Bermúdez e Tone Martínez, e pretenden promover a través dos seus espectáculos a cultura e a tradición galega. Coas súas creacións didácticas levan percorridos centros educativos e teatros de toda Galicia.


Entrada: de 2 a 3€ | Duración: 50 min.


Intérpretes: Alba Bermúdez e Tone Martínez
Escenografía: Anahí Taraburelli
Asesoramento de danza: María Martínez
Texto: Ana Carreira
Dirección: Davide González

-