Movidas da poesía

movidas-poesia

Primeira función


02 de outubro Institutos de Carballo

Inicio

02/10/2018

Finalización

04/10/2018

Dirección

Institutos de Carballo

Categorías

Fioteen

Nesta edición na que queremos chamar a atención dos mozos e reforzar a comunicación mutua co FIOT, abrimos unha nova canle, o FIOTeen, un programa que incluirá propostas escénicas especialmente dirixidas aos xóvenes, máis alá da programación xeral. Comezamos a experiencia levando unha proposta teatral a todos os institutos de Carballo, en conexión con outras dúas actividades veteranas do Festival, a Rúa dos Contos e o Concurso Escolar de Teatro Lido, ambas cun núcleo común na narración oral.

A compañía encargada de levar a cabo esta intervención é Aldaolado, o grupo formado polas poetas Lucía Aldao e María Lado.  O seu espectáculo Movidas da poesía, está dirixido a adolescentes e mestura poesía, música en directo e o seu característico humor; un recital de peripecias para chegaren a poetas. A través dun xogo, toda a rapazada descubrirá que pode dedicarse á poesía e que ten unha capacidade innata para o galego.


Datas e horario: martes 2 e mércores 3 de outubro
Lugar: Institutos de Carballo
Dirixido a: rapaces de 1ºde Bacharelato
Colabora: Deputación da Coruña.

-