LA VALENTÍA

lavalentia

LAZONA (Madrid)


31 de outubro 21:00 h.

Inicio

31/10/2018 - 21:00

Finalización

31/10/2018 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Dúas irmáns herdan a amada casa no campo na que pasaban os veráns. Pero teñen un pequeno problema: case pola porta de entrada pasa unha autoestrada. Unha quere conservala e a outra quere sacala de aí, custe o que custe. Poñemos fin a este FIOT cunha comedia tola que reúne todos os ingredientes para que sexa esmendrellante: enredos, misterios, portas, sustos, equívocos, sorpresas, casa encantada, situacións rocambolescas, disparates, ritmo endiañado e ata fantasmas. E por suposto un elenco de actores formidables que dan vida a seis extravagantes personaxes que deben afrontar os seus medos, superar o paraíso perdido e as herdanzas do pasado que nos lastran.  Realizar os cambios necesarios para avanzar a un proxecto de futuro require valentía.

Alfonso Sanzol, o autor e director, é un dramaturgo consagrado, con xa catro Max ao mellor autor, Premio Nacional de Literatura Dramática 2017 e Premio Valle Inclán, precisamente por unha obra coa que nos deleitou na anterior edición do noso festival, La ternura.

 

 


ENTRADA: 12 € |  DURACIÓN: 90 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 13 ANOS


Intérpretes: Jesús Barranco, Francesco Carril, Inma Cuevas, Estefanía de los Santos, Font García e Natalia Huarte
Deseño de iluminación: Pedro Yagüe
Escenografía: Fernando Sánchez-Cabezudo e Eduardo Moreno
Vestiario: Guadalupe Valero
Dirección de produción: Miguel Cuerdo
Axudante de dirección: Beatriz Jaén
Dirección e dramaturxia: Alfredo Sanzol


 

Máis sobre a obra/grupo  

-