La última cena

laultimacena

Reckless Sleepers & Atresbandes (Reino Unido & Cataluña)


1 de outubro 20:30 h.

Inicio

01/10/2017 - 20:30

Finalización

01/10/2017 - 22:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

OTNI

Mentres as copas de viño se enchen e os pratos desfilan, os tres intérpretes din as últimas palabras de personaxes célebres – a veces tristemente célebres – así como tamén de perfectos descoñecidos. Unha vez pronunciadas, estas palabras escritas nun papel comestible son literalmente tragadas polos intérpretes. Os espectadores son convidados a sentar arredor de tres mesas xunto cos actores, e compartirán doce últimas ceas de condenados a morte. Baseado en historias reais ou de ficción que tiveron lugar no pasado ou que se desenvolverán no futuro, A última cea é unha comida / performance elaborada a partir de citas das últimas vontades de heroes, heroínas, estrelas ou, mesmo, criminais.

Co nome de The Last Supper, esta peza foi creada no ano 2012 por unha compañía inglesa enfocada ao teatro contemporáneo e ás instalacións plásticas, Reckless Sleepers, e ten un longo e exitoso percorrido internacional. Despois de trasladar a experiencia a Italia e Francia con compañías destes países, Mole Wetherell, o director da peza, propúxolle á catalá Atresbandes, coa que coincide na formulación experimental da creación, facer unha versión propia do espectáculo. O FIOT aceptou a proposta de Atresbandes, compañía que estivo no Otni hai uns anos con Locus amoenus, de participar nesta produción e realizar a estrea en Carballo.

Nota: DURACIÓN: 60 MIN + 30 MIN PARA COMPARTIR CO PÚBLICO AS COMIDAS
AFORO LIMITADO: 39 ESPECTADORES
RECOMENDADA PARA MAIORES DE 16 ANOS


ENTRADA: 5 € | DURACIÓN: 90 MIN


Intérpretes e adaptación: Albert Pérez Hidalgo, Miquel Segovia Garrell e Mònica Almirall Batet
Creación de espazo escénico e sonoro, dramaturxia e direcciónMole Wetherell

 

Web de Reckess Sleepers     Web de Atresbandes  

 

-